:: Voltar ó índice

:: Cursos Español Lingua Estranxeira
:: Programas Universitarios
:: Axentes Lingüísticos Internacionais

:: A Escola Agarimo
:: Galicia e Betanzos
:: Preguntas Frecuentes
:: Información na prensa

:: Formulario da MATRICULA
:: TEST de nivel (en español)
:: Documentos para descargar
 

 
Productos
· Cursos de Español coma Lingua Extranxeira
· Cursos para Profesionais
· Rutas Culturais
Info
Persoal de contacto

Usando o formulario para mensaxes ou simplemente por teléfono ou correo electrónico, estaremos encantados de atendelo.   
Cursos de Español coma Lingua Extranxeira
Os nosos programas están estruturados en 4 niveis, dende principiantes a perfeccionamento. Os profesores, titulados universitarios especializados no ensino do castelán, coordinan o ensino de cada grupo xunto ca nosa Directora de Estudios.
A nosa metodoloxía GAPPM de seguimento personalizado garante un óptimo aproveitamento da estancia.
A nosa específica localización nunha Comunidade con Cultura propia, permítenos desenrolar un curso específico de Lingua e Cultura Galega para Estranxeiros. A especial simbiose histórico- cultural de Galicia con Portugal entróncanos directamente co ámbito luso falante (Portugal, Brasil, Angola, Macão).
Cursos para Profesionais
Tendo en conta que o castelán está acadando unha gran importancia no mundo dos negocios. Deseñamos uns cursos baseados na análise das necesidades destas áreas. Están dirixidos a empresas e profesionais con nivel intermedio de español que desexen mellorar o seu dominio en español e nestes ámbitos.
Rutas Culturais
O Norte ábreche as súas portas
Galicia, enclave excepcional que soubo gardar o encanto doutros tempos. É algo máis que o Finisterrae do Camiño de Santiago, é arte e tradición, gastronomía, natureza e por riba de todo é ponte imprescindible para coñecer Hispanoamérica.
Un rico patrimonio histórico- artístico dende os celtas ata a modernidade, unha escapada polas rutas do Románico, a pegada romana e a arquitectura modernista dos indianos, sobre verdes rías, brazos de mar e fermosas paisaxes.

  Liceo Internacional Agarimo || Valdoncel 20,1º I || Betanzos 15300 A Coruña - Spain || +34 981 774667 || agarimo@agarimospanish.com
italiano english español galego english español galego italiano español galego english español italiano galego english italiano